A LIGA DOS ROIBOS.(SHERLOCK HOLMES PEQUEÑOS

Autor:
ww,aa
Editorial:
Editorial Bululú
ISBN
9788418667534
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
98
Formato
Rústica
14,00€

A liga dos roibos é o sexto título de Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives. Tras perder un traballo moi ben pago na Liga dos Roibos sen previo aviso, o señor Jabez Wilson pídelle a Holmes que descubra o motivo do seu despido. O que comeza como unha investigación sen complicacións, remata por converterse nunha noite de garda para tentar evitar un crime sen precedentes.