...Hai aves que constrúen niños sorprendentes pola súa intrincada arquitectura, mamíferos que escavan complexas vivendas subterráneas, insectos minúsculos que erguen edificios enormes e arañas que tecen elaboradas estruturas de caza. Todos son expertos construtores que sobreviven grazas á súa habilidade....
Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comeza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de acomodarse no habitat, isto é, de construir o seu fogar.