Enfermos Pobres, Médicos Tristes

Autor:
Roberto Fernández Álvarez
Editorial:
Publicacións Da Fundación Vicente Risco
ISBN
9788494272660
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
202
Formato
Rústica
16,00€

O meu pai morreu no ano 1945. Púxose malo e por non chamar ao médico foron buscar á señora Ramona, que lle deu uns remedios, pero non lle valeron de nada e así foi empeorando. Nas últimas houbo que avisar o doutor Rivera, que veu visitalo e dixo que padecía unha pulmonía dobre, que só se podía curar con penicilina e que había que traela de Portugal e que custaba mil pesetas. O meu pai dixo que non, e que non, que non tiña ese diñeiro nin quería pedilo prestado; e dixo que por moito menos pagaría uns responsos a San Benito… Eu era moi nena, pero lembro ben a don Xosé Rivera cando saíu da miña casa, porque antes de subir ao seu cabalo sacou da alforxa unha boneca de trapo e regalouma. Lembro o feliz que me sentín con aquela boneca na man… Pero non esquezo a cara que levaba don Xosé… Non a esquezo porque el era un home ben alegre e trouleiro… Pero levaba unha cara triste…meu pai morreu no ano 1945.