O Galego Fundamental

Autor:
María Xesús Bugarín López
Editorial:
Fundación Pedro Barrié De La Maza, Conde De Fenosa
ISBN
9788495892607
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
1109
Formato
Rústica
25,00€

Os dicionarios de frecuencias acadaron un notable nivel de desenvolvemento en case todas as linguas na segunda metade do século XX. O coñecemento da frecuencia do léxico é fundamental para a axeitada planificación do ensino das linguas, para a redacción dos libros escolares adaptados a cada nivel, para aplicacións de tecnoloxías da fala, para a actualización dos dicionarios, para o deseño de xogos, para aplicacións terapéuticas de pacientes con problemas de fala etc. O galego non contaba aínda con ningunha obra deste tipo. Estamos xa que logo ante un traballo pioneiro, que ten o mérito de engadido de ser realizado por unha soa persoa, esforzo sobresaínte se pensamos que a autora se tivo que enfrontar á lematización manual e á etiquetaxe gramatical de máis de dous millóns de formas extraídas de textos escritos e orais