Un Cesto De Mazás : Memoria Das Vítimas Do 36 E O Tempo Que Veu

Autor:
Montse Fajardo Pérez
Editorial:
Fajardo Pérez, María Montserrat
ISBN
9788460812746
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
20,00€

Sinopse "O libro debulla a memoria da violencia, do terror e da dor sufrida polas vítimas directas e tamén -unha das grandes teimas da autora- da onda expansiva que alcanzou ás súas familias e que durou décadas, e segue aínda presente, como unha marca gravada a ferro na pel, no corazón, na alma. De feito, na maior parte dos capítulos, o protagonismo céntrase nos que quedaron: nas nais, nas irmás, nos fillos, nos compañeiros e compañeiras que tiveron que atravesar as estacións do horror, do medo, da necesidade, da humillación, do desamparo e do silencio obrigado. E con extraordinaria sensibilidade para captar os detalles, Montse Fajardo salfere as historias con escenas nas que abrolla a luz no medio da noite, nos que xorde a solidariedade, a tenrura, o amor, a compaixón para redimir as vítimas de tanta maldade. Aparecen así no relato mulleres que estiban cadáveres abandonados no monte; mulleres que ceden un lugar no camposanto para soterrar corpos anónimos, sen dereito a lápida, sen dereito a dó; nenos que balizan esas tumbas espidas orientándose co pau da luz; nenas que recollen flores para ofrendar aos asasinados; cestas de alimento que chegan de casas amigas, solidarias..."