Álbum De Galiza Estampas Da Nosa Tribo

Autor
Ricardo Gómez Polín
Editorial
Editorial Circulo Rojo
ISBN
9788490309803
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
480
Formato
Cartoné
30,00€

Logo de varios intentos frustrados a finais do XIX, un século despois o doutor Ricardo Polín abordou a investigación e publicación da colección de tipos e costumes Os galegos pintados por si mesmos (proxecto ideado en 1875 no parladoiro madrileño da Galicia Literaria), obra senlleira que combina con grande éxito as artes plásticas e literarias de inspiración romántica e tradición europea, onde o artigo de costumes camiña da mao do gravado antigo polas páxinas da prensa ilustrada, para ofrecer con evidente melancolía o enfoque tradicionalista dos creadores decimonónicos ao volveren os ollos cara o pasado cuxas marabillas se esvaecen como os raios de sol no ocaso, mentres suspiran polos recordos e maldicen a continua sucesión dos tempos, parafraseando a Curros Enríquez. Este Álbum de Galiza nace do sentimento de indolencia que abate os pobos cando asisten impotentes ao estrago dos modos de vida que herdaron por tradición e que fan á humanidade temperada nas ideas. Estampas que deixan constancia das nosas derradeiras boqueadas.