Ángel Esquire

Autor
Edgar Wallace
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788493964757
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
0
Colección
Narrativa
Traductor
Alejandro Tobar
14,75€

O vello e millonario Reale morre sen revelar a combinación da singular caixa forte onde atesoura unha inmensa fortuna; porén, deixa un criptograma de cuxa solución depende o destino final desta. De acordo coa vontade do finado, catros son as persoas autorizadas a resolver o verso xeroglífico. Velaí comeza, para gozo do lector, a competición entre destinatarios, unha carreira non sempre exenta de artimañas que Angel Esquire, membro de Scotland Yard, seguirá moi de preto.  Esta novela publicada orixinalmente en 1908 presenta os trazos característicos da narrativa de Wallace, é dicir, aqueles trazos que en boa medida definen e sentaron as bases da novela negra clásica. A trama, artellada con flegma e humor, conta con elementos habituais do xénero como son os crimes, as ameazas, as trampas, as pescudas, as reviravoltas, a mafia por unha banda e a policía pola outra, o fume dos cigarros, a nocturnidade, e mesmo un romance de fondo.