O mozo xornalista Ed Malone recibe un curioso encargo do seu amigo e compañeiro de aventuras en O mundo perdido, o profesor Challenger: que leve botellas de osíxeno á súa casa no campo. Fica abraiado pola petición mias non a discute, sabedor do especial carácter do profesor. Cando chega, acompañado de Sumerlee e Roxton, tamén compañeiros e O mundo perdido, Challenger infórmaos da ameza que pesa sobre a Terra: vén de descubrir que a atmosfera terrestre vai verse envolta nunha área tóxica que acabará coa humanidade.