Entre 1976 e 1983 , Antón Reixa , Manuel M.Romón e Alberto Avendaño mantiveron viva unha actitude literaria rompedorea en Galicia que comezou chamándose Grupo de Resistencia Poética e desembocou no que marcaría as súas vidas :O Grupo de Comunicación Poética Rompente. Publicaban poemas con aquela técnica de impresión coñecida como << vietnamita >> e multicopias con clixés.Eran , en doses inexactas , un chisco <> e un chisco guerrilleiros . Avendaño , Reixa e Romón fundaron Rompente Edicións e publicaron << Silabario da turbina >> (1978) e << A dama que fala >> (1983). En 1979 , a serie Tres Tristes Tigres vería a publicación de 3 libros de autor : << As Ladillas do Travesti >> (Reixa) , << galletas kokoschka non >> (Romón ) e << Facer Pulgarcitos Tres << ( Avendaño ). Logo , reencontraríanse na antoloxía poética <> (1998). Facían << performance >> e estaban obsesionados coa linguaxe << multimedia >>. Subíanse a escenarios con músicos , como Julián Hernández ( antes de que se fundase Siniestro Total ), e colaboraban con pintores como Menchu Lamas e Antón Patiño para visulaizar a súa expresión poética . Hoxe , uns 40 anos despois , teiman na poesía e volven dirixirse a palabra aínda que seguen falando sós .