O cabalo, a vaca, a ovella... os animais da granxa intentan convencer a araña para que os acompañe. Ela, con todo, continúa ocupada facendo a súa tea ata que atrapa unha mosca...Unha obra sobre o valor da constancia, o esforzo e o traballo ben feito. Con texto sinxelo, rítmico e fórmulas de repetición, é ideal para ler e escoitar con prelectores e primeiros lectores. Ademais, conta cunha textura no fío de seda que permite seguir a historia co tacto dos dedos.Eric Carle é un dos grandes autores da creación literaria infantil internacional cunha obra extensísima. Nas súas ilustracións alegres e coloristas destaca, como neste caso, o uso da técnica da colaxe.