A banda que ninguén coñece

Autor
NADIA BUDDE
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788413433769
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
Colección
Demademora
Traductor
Xoslé Ballesteros
Ilustrador (interior)
Nadia Budde
Dimensiones
220 x 226 cm
16,00€

Un álbum divertido e gamberro ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores. Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estridentes, compases atolados, moi pouco afinados, con voces sen alento. Que comece o concerto! Unha nova proposta da ilustradora alemá Nadia Budde repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes para imaxinar a historia dun particular grupo de rock: A banda que ninguén coñece. Un álbum diferente, protagonizado por personaxes argalleiros, do máis diverso e disparatado, e unha nova proposta que convida a ?cantar e contar? ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.