A BATALLA DO FUTURO. UNHA BIOGRAFÍA DE RAMÓN PIÑEIRO

Autor
Beatriz García Turnes
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411766395
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
724
Formato
Rústica
Colección
Grandes biografías
Dimensiones
220 x 150 cm
38,00€

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resistencia antifranquista e cultural e na construción dunha Galicia democrática e autónoma, de par que loitou pola extensión do prestixio e dos usos da lingua de noso, contribuíndo coa súa obra a crear un pensamento galego propio, promovendo a análise da economía do país e impulsando un segundo rexurdimento da literatura galega despois da guerra. Nesta obra, Beatriz García Turnes ofrece unha biografía actualizada que recolle as novidades e os achados que se foron facendo nos últimos anos ao redor do galeguista de Láncara.