A Boneca De Blanco Amor

Autor
María Xosé Queizán
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498655711
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
Colección
Literaria
14,50€

Sinopse Estamos ante unha novela onde a historia e a ciencia se mesturan coa literatura, o ensaio coa ficción, a realidade coa fantasía, a orixe do relato co seu final. A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo dos Andrada, onde vai xogar un decisivo papel na obsesión sexual dun dos personaxes de A esmorga e, talvez, no seu dramático final. A obra mestra de Blanco Amor señorea toda a novela de María Xosé Queizán, estendéndose de forma analéptica até a inaugural viaxe de Magalhães. Información, coñecemento, historia e figuración, de todo hai nesta novela que preludia A esmorga e a prosegue ao desenvolver a vida do señor de Andrada, dono da boneca, un personaxe que Blanco Amor só nos permite enxergar entre fumes opiáceos, e neles abandónao.