A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar como unha condena. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustación, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década desta angueira.
A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornaística de Suso de Toro, tanto da publicada na prensa como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.