A importancia da casa como elemento principal da cultura material dos pobos ten sido xustamente destacada polos etnógrafos de todo o mundo.
Este volume, que ten cómo obxeto divulgar un tema tan esencial no conxunto da cultura galega, é obra de Xaquín Lorenzo Fernández, unha das figuras máis sobranceiras da brillante escola de etnografía guiada por Vicente Risco nos anos anteriores á guerra civil.