A Adela xa non lle serven os zapatos de charón, que gardaba nunha caixa de cartón coma un tesouro. Os zapatos herdaríaos a súa curmá pequena, pero… que podería facer coa caixa de cartón?
Para non a deixar baleira, transformouna nunha fermosa casa que decidiron alugar, logo de moito pensar, un grilo e mais un vagalume.