A casa dos encontros narra o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Ártico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados nos campos de concentracion, os gulags. Á cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Martin Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra.