Na primeira metade do século XX milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América.
Moitas delas, como hoxe acontece coa xente que vén de África, eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Unha delas é a protagonista de A CICATRIZ BRANCA, Merce, destinada a servir, despedida e sen lugar onde ir nin a quen acudir. Pasará tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución, onde a súa vida entrenza coa doutras inmigrantes...