A cidade pudibunda é a fotografía fixa do Ourense de 1945, unha viaxe no tempo que posibilita o adiado e inevitable "vis-á-vis" cun pasado digno de recordo.
Podería ser tamén un soño en branco e negro, un recordo de familia que se agocha no fondo dunha gabeta, un amor mal curado ou a sombra que evita ser devorada pola escuridade nunha longuísima noite de pedra.
Arde o Miño. Tras o fume, agóchase unha urbe con problemas de memoria.
Agardemos a que esmoreza o incendio, para ir remexer nas súas cinzas.