Este ensaio é o froito de vintecinco anos de preocupación intelectual, científica e sobre todo humana polo fenómeno do "amor que non ousa dici-lo seu nome". Cunha linguaxe asequible e unha gran claridade expositiva, Chao Rego aborda as conductas homoeróticas dende a perpectiva da bioloxía, a psicoloxía, a historia e a teoloxía. Pero este documentado libro non é un tratado aséptico e neutro, senón un razonado e sereno alegato contra a discriminación e os prexuízos homofóbicos que aínda hoxe seguen a constituír o risco hexemónico da nosa sociedade en relación con este tema.