A Desaparición De Esme Lennox

Autor
Maggie O'farrell
Editorial
Editorial Galaxia Editorial Galaxia
ISBN
9788498654028
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
244
Formato
Rústica
Colección
Literaria. Biblioteca Compostela de narrativa europea
Traductor
Manuel Xestoso González
Ilustrador (interior)
Manuel Xestoso González
Dimensiones
140 x 210 cm
21,35€

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2010. Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, A desaparición de Esme Lennox desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris Lockhart recibe unha carta informándoa de que ten unha tía avoa nunha unidade psiquiátrica que está a piques de desaparecer. Iris nunca oíu falar de Esme Lennox e a única persoa que lle pode dar unha explicación, a súa avoa Kitty, é incapaz de responder as preguntas de Iris. Que fixo Esme para merecer que a encerrasen toda a vida nun manicomio? E como é posible que se poida borrar completamente unha persoa da memoria da familia?. A desaparición de Esme Lennox é a formidable historia dunha vida roubada e impugnada. Maggie O’Farrell é a herdeira directa de Daphne du Maurier, a autora de Rebecca, novela levada ao cinema por Alfred Hitchcock