Sinopse Darío Xohán Cabana xa publicara en 1990 unha tradución d’A Divina Comedia pola que no ano seguinte recibiu a medalla de ouro do Concello de Florencia, en consideración á que na exposición de motivos se definía como “a mellor tradución ata agora dispoñible na área galego-portuguesa-brasileira”. “Esta de agora –di o tradutor no prólogo– é completamente nova, resultado do traballo continuo e obsesivo destes tres últimos anos. Dos 14.233 versos que contén a Commedia, uns sete mil son agora diferentes na miña Comedia...”