A Educación Sentimental

Autor
Gustave Flaubert
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412393354
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
536
Colección
Narrativa
Traductor
Isabel Soto
21,00€

A educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela de aprendizaxe. O fío condutor é Frédéric Moreau, un mozo de provincias que se traslada a París e verá fracasadas todas as súas expectativas e ilusións. A súa historia de amor cunha muller casada bastantes anos maior ca el, inspirada en feitos autobiográficos, é o auténtico motor da trama. Malia que cando se publicou foi duramente tratada pola crítica, incómoda ante o reflexo dunha realidade inmediata pintada co pesimismo característico do autor, a obra converteuse nun clásico de inmensa influencia, tanto polas súas escenas memorables, que cabe saborear liña a liña, coma polas innovacións que contén: a escasa importancia concedida á trama, a prol da descrición; un narrador impersoal; o uso de técnicas como o estilo indirecto libre e o contrapunto; e, sobre todo, as elipses e as rupturas temporais, por veces dunha secuencia a outra –«os brancos de Flaubert», en palabras de Proust–, que case parecen anticipar a fotografía e a montaxe cinematográfica.