Maia ten dezasete anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón.
Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea de humor, aventuras e algunha dor de cabeza.