A Familia C

Autor
Pep Bruno/Mariola Cabassa PEP BRUNO MARIONA CABASSA
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484647409
Idioma
Gallego
Publicado
2010
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
Traductor
Manuela Rodríguez Lorenzo
Ilustrador (portada)
Mariona Cabassa
Ilustrador (interior)
Mariona Cabassa
Peso
330 gr
Dimensiones
22 x 22 x 1 cm
14,00€

Pasen e vexan, damas e cabaleiros, nenas e nenos, o único, o inigualable e nunca visto espectáculo da familia C que, servíndose tan só da súa imaxinación, sen rede nin artificio, sen trampa nin cartón, consegue encher de cor ata os días máis grises! ...Porque o mundo do circo é moito máis ca unha carpa chea de artistas insólitos e animais habilidosos; é un espazo onde se cruzan realidade e irrealidade, un lugar neste mundo que pertence a outro mundo: o da ficción e maila maxia. "A familia C" (C de circo?) é unha familia que adora o ambiente circense e canto significa de posible-imposible. E ese amor pola fantasía, o xogo de irreal-realidade, é o que permite que a rutina fastía dos seus días se impregne de ilusión. A familia C vive unha vida normal, pero ese caudal de enxeño énchea de cor e posibilidades; vive así no soño dos días fermosos, onde facer o almorzo ou ir traballar pode acabar sendo unha grande aventura.