A FOTOGRAFÍA 51

Autor
María Canosa/Kike Gómez
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499954219
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
84
Formato
Rústica
Colección
Meiga Mora
15,00€

A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X.
Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así obtivo a denominada ?Fotografía 51? determinante da estrutura da molécula do ADN.
Mais en 1951 as mulleres eran consideradas de pouco valor. Non se lle permitía nin acceder á sala do café da Universidade, reservada aos homes. Tratábanas como a sombras, ocultaban o traballo que desenvolvían.
Que pasaría coa autora da fotografía que propiciou un Nobel? Sería recoñecida?