A Fuga De Guillermo

Autor
Helena Villar Janeiro
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788491516101
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
83
Formato
Rústica
Colección
Arbore Laranxa
9,80€

Velaquí a construción dun pensamento Tamén unha maneira de explicar ou intentar comprender o mundo. Cada xeración tende a construílo á súa maneira. O historiador Ramón Villares ingresou na Real Academia Galega (2006) cun discurso sobre a figura de Adrián Solovio, o protagonista de Arredor de si (1930), novela que se considera referencia histórica, símbolo e crónica do grupo xeracional ao que pertencen Castelao, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, o propio Otero Pedrayo, e que denominamos xeración Nós, profundamente europeísta e, ao mesmo tempo, configuradora do discurso da Galicia moderna, tanto cultural como politicamente. O presente ensaio fundaméntase no discurso de ingreso do académico mais con algunhas engádegas e observacións que o enriquecen. Ramón Villares esmiúza, documenta e contextualiza algunhas das claves do pensamento galeguita moderno, prestando especial atención á figura de Ramón Otero Pedrayo, co que dialoga a través das páxinas de Arredor de si.