En 1931, coa proclamación da II República Española, Galicia atopouse por vez primeira na súa historia baixo un réxime que podía ser considerado como democrático. Foi un lustro de cambios de de progreso, pero tamén de inestabilidades e conflitos. A brevidade da expereincia, cortada brutalmente en 1936 coa Guerra Civil, non evitou que deixase unha fonda pegada na sociedade, ata o punto de se converter nun referente para a transición á actual democracia.