Neste libro recolle e amplía o autor varias investigacións que deu á luz nos últimos anos, centradas, case todas, en ámbitos pouco explorados ou tratados pola historiografía galega: o mundo da heterodoxia, dos homes e mulleres que formaron parte de institucións ou entidades situadas nas marxes do pensamento dominante ou da relixión: francmasonería, teosofía, rosacrucismo, rotarismo, libre pensamento, dereitos de homes e mulleres, etc., comprobándose que Galicia non permaneceu allea a esas correntes defensoras da liberdade de conciencia.