A Galicia Máxica De García Márquez

Autor
Carlos Reigosa
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499144825
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
Colección
Crónica
14,00€

Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa «avoa galega», que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad «usando o mesmo método da miña avoa». Pero, ¿quen era aquela misteriosa «avoa galega»? O escritor parecía referirse á súa avoa Tranquilina, unha colombiana de antepasados españois, mais el sabía que a realidade que identificaba -e reivindicaba- abeberaba na maxia dunha herdanza teluricamente máis neboenta. Foi entón cando dixo: «Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia.» Nesta obra, Carlos G. Reigosa busca, á vez, o escritor e a súa «avoa galega», seguindo os pasos dun García Márquez que viaxa a Galicia para desenredar a madeixa das súas orixes -persoais e literarias- e que, ao cabo, se perde na selva indescifrable da súa propia creación. Porque non sempre é posible deslindar a realidade e a ficción.