UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS. Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza.