A honra e os cartos' de Konstatinos Theotokis, traducida do grego por Alfonso Blanco Quintela.
Theotokis, renovador xunto a Papadiamandis e Viziinos da prosa grega moderna, abre nesta novela dúas liñas principais de denuncia: contra a opresión á cal as clases dirixentes someten as clases populares, feito reflectido aquí nunha trama corrupta a nivel político, e a pretensión –contraria ao humanismo– de manter ou acadar un status socioeconómico elevado, a calquera prezo e á conta das mulleres.