Vinte anos despois da súa publicación, este poemario de Alfonso Pexegueiro volve ao lector para facer da linguaxe realidade na que se mesturan o mítico, o real e o imaxinario. En A illa das mulleres loucas as fronteiras entre pasado, presente e futuro unifícanse e esvaécense. Desaparece o tempo como carga, desolación e trampa. E xorde unha nova dimensión, a da liberdade da palabra. Unha nova forma de poesía que provén e se derixe ao inconsciente, que nos sacode e desacouga pero que tamén nos ofrece refuxio.