A LIMIA BAIXA. ONDE O MUNDO SE CHAMA EN GALEGO

Autor
Reyes Rodríguez Rodríguez
Editorial
Universidade de Vigo - Publicacións
ISBN
9788481580251
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
135
Formato
Rústica
Colección
Materiais Lingüísticos
Dimensiones
17 x 24 cm
10,00€

Nesta monografía de natureza sociolingüística tracéxase, a través da mocidade da Limia Baixa, a situación actual da súa lingua mais as actitudes e prexuízos que afloran nesta comunidade. A Limia Baixa é unha área situada ao suroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O seu galego presenta unha situación particular, xa que existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega en todos os ámbitos e niveis da vida. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos seus trazos dialectais e, por suposto, nas actitudes que os falantes teñen debido a esta situación. A través dos mozos e mozas baixolimegas investígase a posición do galego, o compromiso coa súa lingua no presente e no futuro e tamén a presenza e defensa da súa variedade dialectal. Amais, afóndase nas actitudes cara á súa propia variedade dialectal a través dos dous fenómenos máis representativos do seu galego: a gheada mais o mantemento de sibilantes sonoras. Manexar datos moi actuais e de períodos diferentes permite avaliar tanto os comportamentos lingüísticos antes, durante e despois da pandemia de Covid 19, coma as repercusións que esta tivo en relación á lingua galega entre a propia mocidade baixolimega no eido das TIC: as redes sociais, as videoconferencias e a mensaxería instantánea como o WhatsApp. Deste xeito, obtense unha radiografía actual da realidade sociolingüística dos/as limiaos/ás mozos/as, que permite enxergar o futuro do galego nesta área con optimismo.

destacados (63) , novedades (47)