Sinopse
Carambeliña Polar é unha pequena folerpa que vive feliz enredando cos seus amigos das terras do Norte. Un día recibe unha carta pola que descobre que ten dúas irmás no Sur. Coa axuda do mago Corisco e do seu fantástico paxaro de xeo, Carambeliña realizará unha viaxe chea de aventuras e descubrimentos.