A Música Dos Seres Vivos

Autor
María Reimóndez
Editorial
Calendario Xerais 2014 Edicións Xerais De Galicia Xerais De Galicia Ed.
ISBN
9788499146652
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
357
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
Peso
535 gr
Dimensiones
14,5 x 22 x 3,3 cm
22,95€

Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos.Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo. Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos.Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.