A Muller De Gilles

Autor
Madeleine Bourdouxhe
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788489896499
Idioma
Gallego
Nº de páginas
105
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
9,01€

Sinopse É difícil apresentar A muller de Gilles ao lector sen recorrer aos tópicos que tanto abundan nas contracapas. Deberiamos dicir que, publicada no 1937 nunha poderosa editora, recebeu críticas moi favorábeis (merecidas neste caso, e non debidas á importancia da editora), mais a Guerra Mundial e a humildade da autora contribuíron para que fose durante moito tempo unha obra descoñecida mesmo no mundo francófono. Con todo, continuou a ser lida e desfrutada por un público cativo en número pero inmenso en entusiasmo, e o feminismo achou nela unha sensibilidade e unhas ideas moi próximas. Simone de Beauvoir cualificou a obra como "un punxente retrato de muller", e Thierry Haumont, cun tópico certo nesta ocasión, dixo que A muller de Gilles tiña esa virtude dos clásicos, a grande simplicidade que traduce aquilo que, ao analisármolo, ha de revelar unha complexidade moi grande. - Michel Thorgall afirmou, entre outras cousas, que era unha tentativa de escrita sensual. Porén, nesta breve apresentación temos que rematar con outro tópico: o libro é sobre todo unha invitación a pensar, cualidade esta que non todos os libros, e mesmo os catálogos, poden reclamar e defender para si. A ilustración da capa é de Xurxo Alonso.