A Muller Sinfonia.Cancioneiro Vital

Autor
Claudio Rodriguez Fer
Editorial
Ouvirnos
ISBN
9788494789328
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
188
Formato
Rústica
Colección
Rustica
18,00€

A muller sinfonía é un cancioneiro vital cheo de amores, clamores e viaxes nos que o erotismo, a memoria civil e a diversidade se presentan sempre con música de fondo. Dende a tradición galega aos máis variados cantos do mundo, os poemas deste libro conectan coas cancións que puxeron son á vida e á obra do autor e en xeral a toda a contemporaneidade. Ensaísta sobre Brassens e aquí tradutor de Vysotski, Ferré e Cohen, o poeta escribe tamén en sintonía con cantautores como Theodorakis, Yupanqui, Vinícius, Stivell ou Dylan, así como coas voces femia de Makeba, Mercouri, Parra, Kalsoum, Simone, Baez, Joplin, Smith, Hagen… Trátase de poesía experimental e experimentada en vivo e marcada con paixón interartística pola música celta, polo blues e polo jazz, máis sen esquecer a internacional sensibilidade sentimental e sensorial propiciada polo folk, polo rock ou polas músicas latinas.