Sinopse
Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título A narrativa xuvenil a debate (2000 2011). Tras dous artigos teóricos que estabelecen os trazos dominantes na narrativa xuvenil máis recente, ofrécese unha selección de obras publicadas no período estudado, pertencentes ao marco ibérico e iberoamericano e da literatura inglesa, co obxectivo de dar a coñecer obras que destacan pola súa calidade. O volume complétase con vinte e dous comentarios críticos pormenorizados, co fin de facilitarlles ao público interesado e aos profesionais da mediación algunhas claves de aproximación para o uso destas narracións xuvenís na educación literaria