Un escultor veterano vive nunha pequena vila ao pé da montaña, onde vende e repara pequenas pezas de pedra e madeira, ao tempo que axuda a cruzar a fronteira a inmigrantes. Un incidente obrígao a marchar de alí e recibe un delicado encargo: a restauración dunha valiosa peza de mármore que representa un Cristo crucificado.