A Nena Do Vestido De Flores

Autor
Manoel (1969-) Fontemoura
Editorial
Aira Editorial
ISBN
9788412263121
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
Colección
Rustica
15,00€

Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida! Velaquí a historia dunha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día. Coa compra deste exemplar fas unha doazón de 1 euro á Asociación Limisi para a promoción das persoas con diversidade funcional. Ademais, doas tamén 1 euro para o Grupo de Teatro Aneis.