Sinopse
De escritura persoal, única e inimitable, Camilo Gonsar é un dos mestres da narrativa galega contemporánea. Nesta novela lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden nun banco ao trocaren cartos, á cantina solitaria dunha estación da Galicia interior. A noite da aurora conta a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciado e dunha decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre o destino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora.