A nosa horta (Caixa con fichas)

Autor
Blanca Millán
Editorial
Cumio Editora
ISBN
9788482898261
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
62
Formato
Cartoné
Colección
Caixa
22,95€

Crear unha horta na casa está ao alcance de todos. Esta caixa reúne 63 fichas ilustradas a toda cor con todo o necesario para aprender a cultivar e coidar unha horta durante todo o ano. De forma sinxela e práctica, os nenos descubrirán como elixir o lugar axeitado para a súa horta, preparar compost, sementar e apañar, coidar cada cultivo e saber que froitas e verduras plantar en cada época do ano. Inspirado en O gran libro da nosa horta, de Blanca Millán, este práctico manual en fichas achega os máis pequenos ao cultivo, á natureza e á orixe dos alimentos, con consellos e trucos fáciles de poñer en práctica. 63 fichas para aprender, cultivar e gozar da túa propia horta na casa.