A Orde Do Día

Autor
Éric Vuillard
Editorial
Faktoria K De Libros
ISBN
9788416721238
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
213
Formato
Rústica
Colección
Narrativa K
15,00€

A medio camiño entre a ficción e o relato histórico,“A orde do día”ten como trasfondo a anexión alemana de Austria -Anschluss- en 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previade Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi. A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933,nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacadomembro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp,Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismode cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo. A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficioseconómicos. Ningún deles rexeita a proposta.