A pausa

Autor
Ana Moreiras
Editorial
Aira Editorial
ISBN
9788412987928
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
99
Formato
Rústica
Colección
Album
Dimensiones
24 x 17 cm
19,95€

O 14 de marzo do 2020 o goberno español decretou o estado de alarma sanitaria e impuxo un confinamento xeral que impedise a expansión da pandemia de covid-19 que todo o mundo estaba sufrindo desde poucas semanas antes. Nese tempo todos e todas vivimos nunha especie de limbo existencial onde convivimos co medo e a esperanza, onde experimentamos soidade e tenrura, onde puxemos en pausa as angueiras cotiás para observarnos e observar o noso mundo doutro xeito. Aínda que aparentemente o confinamento e a pandemia pasaron, as súas secuelas quedaron en nós, incluso en niveis tan profundos que custa desentrañalos. Neste libro recóllense as entradas do Diario do confinamento que Ana Moreiras foi compoñendo en tempo real e que agora se converte nun testemuño excepcional dese tempo que, malia a súa proximidade, se nos aparece en moitas ocasións como remoto.