Sinopse
Noa Penamoura, a capitana máis temida de tódolos mares, sente morriña e decide volver a Vila de Castro, a aldea onde naceu, para tomar unha cunca de caldo que fai súa nai. Ela e mailos feros piratas que a acompañan vense collidos nunha trampa, porque os seus inimigos coidan que a verdadeira razón da viaxe é recuperar un agochado tesouro