A xeración de poetas que, tanto pola súa biografía como esteticamente, pertencen ao período de transición entre o século XIX e o XX foi nomeada por Méndez Ferrín como xeración "Antre dous séculos", e nela inclúe a Noriega Varela, Herrera Garrido, Ramón Cabanillas, López Abente e Álvarez Limeses como figuras máis relevantes. A Ponte é unha das obras fundamentais do noso teatro e con ela Lugrís Freire inaugura o drama galego en prosa.