A Rosa De Borges

Autor
Xosé Carlos Caneiro
Editorial
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478243563
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
Colección
Narrativa/Ficción Gal
5,00€

Sinopse Cos extractos dos informes médico, literario, editorial e policial comeza e remata A rosa de Borges, novela na que unha muller grava nun magnetófono un delirante monólogo dirixido sucesiva e simultaneamente á casa que habita, o seu pai resucitado, á súa nai inmobilizada en estado vexetativo, ó seu namorado e ós seus irmáns. Este monólogo constitúe o primeiro soporte estructural da novela. - de seguido o lector vai bater cos contos que a narradora lle le á súa nai, tres presuntamente escritos por ela e outros tres escritos polo seu pai, todos eles interrelacionados coa vida dos protagonistas, as súas frustracións e desexos.