Sinopse
A rosa de cen follas (publicada por vez primeira en 1927), amósanos outro dos Cabanillas posibles: desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía, a Becquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores líricos galegos de sempre.