A rota do oeste

Autor
Henrique Dacosta
Editorial
Edicións Embora
ISBN
9788417824037
Idioma
Gallego
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
19,00€

O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos séculos atrás, o Vestvegr. Desde Ribe, en Xutlandia, navega até chegar ao porto de Ferrol. Axéxao un pasado cheo de fracasos e turbacións.
Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación. Interésase por algunha persoa escandinava que queira envolverse na iniciativa e na que Gudmund Arnórsson participará de bon grado.
Como nunha sorte de road movie, o lector verase deste xeito mergullado nunha vertixinosa aventura de persecucións, contrabandistas, enganos e dilemas éticos.
Unha trepidante narración chea de intrigas e sorpresas en que, xunto con Ana e Gudmund, a indómita paisaxe islandesa, un mar de tormentas, Ferrol e o Camiño Inglés virán a converterse en verdadeiros protagonistas do relato.